O Correo de Barbanza

Boiro acollerá dous días ó mes, dende o sábado 12, unha feira ecolóxica

  • 03 jun 2021 / 13:55
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

BOIRO. O Concello de Boiro estableceu un calendario estable para o mercado de produtos locais e de proximidade que se viña celebrando de xeito puntual no municipio. Trátase da Feira Ecolóxica, de Saberes e Sabores, que se vai levar a cabo os segundos e cuartos sábados do mes, iniciándose o vindeiro día 12. Será na Praza da Terceira Idade. Na primeira xornada da feira vanse instalar 17 postos, entre os que haberá artesanía, produtos da horta e establecementos de artigos de segunda man. O horario será de 10.00 a 14.00 horas e haberá un obradoiro impartido por Cruz Vermella, unha actuación musical e sesión vermú con polbeira. A programación cultural irá variando. Na presentación participaron o alcalde, José Ramón Romero, o concelleiro de Comercio e Industria, Marcos Fajardo, e Patricia Giao, do departamento de Cultura e Xuventude. s. s.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.