O Correo de Barbanza

Boiro facilita a reciclaxe ao mover o punto limpo polas parroquias

Atópanse ambos ata o 31 de decembro en Escarabote e mais no núcleo de Pesqueira

  • 27 dic 2022 / 20:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Boiro. O Concello de Boiro leva dous puntos limpos móbiles ás distintas parroquias co obxectivo de achegar á veciñanza o punto limpo co que conta o Concello no Polígono Industrial de Espiñeira e facilitar a reciclaxe. Os dous puntos limpos móbiles dos que dispoñen atópanse ata o 31 de decembro en Escarabote e no núcleo de Pesqueira.

“Con esta iniciativa buscamos ampliar os servizos en materia de recollida de lixo dos que dispón o Concello, especialmente nesta época de Nadal na que se xeran numerosos residuos”, afirmou o concelleiro de Medio Ambiente, Raúl Treus.

Indicar que a instalación contén sete bocas de residuos para a recollida de lámpadas e fluorescentes, téxtil e roupa, xoguetes e outros plásticos que non se poden depositar no contedor amarelo, pilas e baterías, aceites e minerais... entre outros. Cada un dos puntos limpos móbiles estará durante 15 días nun núcleo de poboación e irán rotando durante todo o ano. Dende a administración municipal lembran que “só poden recibir residuos dos fogares particulares, non se aceptan residuos industriais ou que deberan ter unha xestión específica”.

A maiores, o Concello dispón dun punto limpo fixo no parque empresarial de Espiñeira aberto de martes a sábado de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 horas. Para a recollida de enseres porta a porta é preciso facer unha solicitude previa no teléfono 981 838 908 ou no enderezo electrónico coregal.boiro@coregal.gal. Máis información na web municipal. m. c.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.