O Correo de Barbanza

Boiro ofrécelle á mocidade un taller de fotografía e un festival de cultura urbana

  • 06 abr 2022 / 18:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Boiro. O Concello de Boiro levará a cabo durante o mes de abril un extenso programa de obradoiros e actividades formativas e culturais para dar cabida ás inquedanzas dos mozos e mozas do municipio.

A concelleira de Cultura, María Outeiral, participou este mércores na presentación de actividades xunto con integrantes do grupo de voluntariado Turbina e de Fuck Poseidón. Este programa, denominado Inquedanzas culturais. Mocidade en movemento, busca dar cabida ás propostas culturais dos colectivos Turbina, Da Ría Luv e Fuck Poseidón, que traballan conxuntamente co Concello para promover iniciativas individuais e colectivas da mocidade dotando de ferramentas para o desenvolvemento dun ocio educativo e saudable e favorecer puntos de encontro e de comunicación entre a administración municipal e a xuventude local.

O programa agrupa distintos obradoiros, como o de fotografía, xénero e uso de redes sociais, que vai impartir Charo Lópes os días 28 e 29, ou un obradoiro de revelado analóxico, o venres 22.

Tamén se vai levar a cabo O noso Fest, unha cita co rap na que se realizarán exhibicións de skate, batallas de galos, etc., o sábado día 23.

Ademais, haberá unha charla a cargo de Turbina coa que se pretende abordar a problemática do suicidio na adolescencia. O programa complétase cunha excursión para mozos e mozas de entre 13 e 20 anos na que se realizaran actividades de aventura como o paintball. s. souto

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.