O Correo de Barbanza

Carnota abriu o prazo de inscrición na Aldea de verán

  • 12 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

CARNOTA. O Concello de Carnota vén de abrir o prazo de inscrición para o campamento de conciliación Aldea de verán dende este xoves ata o 15 de xuño. O programa está dirixido a nenas e nenos de 3 (escolarizados) a 12 anos, que estarán divididos en grupos de traballo segundo a idade. En total, ofértanse 50 prazas no mes de xullo e 40 prazas no mes de agosto. O servizo estará operativo de luns a venres en horario de 10.00 a 14.30 horas, mais ofrecerase a posibilidade de incorporarse ás 08.00 horas co obxectivo de facilitar a conciliación. Os interesados en solicitar praza xa poden descargar o formulario na páxina web do Concello e presentalo no rexistro municipal. m.T.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.