O Correo de Barbanza

Carnota inicia a renovación do alumeado público co apoio da institución provincial

  • 31 mar 2022 / 20:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Carnota. A Deputación da Coruña apoia ao Concello de Carnota no financiamento das obras do Plan de renovación integral do alumeado público do municipio, un ambicioso proxecto para renovar por completo estas instalacións e mellorar a efiencia enerxética do municipio cun investimento de 1,3 millóns de euros que conta co apoio económico do IDAE no marco dos proxectos singulares para entidades locais que favorezan o paso cara unha economía baixa en carbono.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido, asinaron este xoves na sede da institución provincial o convenio para o financiamento da primeira fase das obras, que contempla un investimento de 371.000 €, dos que a Deputación achega 59.352 €. Ao acto asistiron tamén a concelleira carnotá Mercedes Noceda e o deputado de Contratación, Xosé Lois Penas.

Formoso explicou que con esta colaboración a Deputación pretende apoiar ao Concello nun proxecto que permitirá renovar por completo as 2.336 antigas luminarias, a maioría delas de vapor de sodio, e susbtituílas por novos puntos de luz con tecnoloxía LED, que melloran a eficiencia e potencia lumínica e reducen notablemente o consumo, así como mellorar os 51 cadros de luz e os postes e instalacións eléctricas que se atopen en malas condicións.

Pola súa banda, Juan Manuel Saborido destacou a importancia do proxecto, que permitirá a Carnota aforrar arredor dun 60 por cento na súa factura eléctrica. m. cano

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.