O Correo de Barbanza
Chega este sábado a Noia cun concerto
‘O País das Bandas’
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
NOIA. O ciclo O País das Bandas, promovido pola Xunta e a Federación Galega de Bandas de Música Populares no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22, chega este sábado a Noia cun concerto da Banda de Música Municipal de Valga. A actuación será ás 19.30 horas na Alameda. Esta agrupación ten a súa base na Escola de Música Municipal de Valga, inaugurada en 1996. Tras o seu debut, en 1999, creouse a Banda Xuvenil, a Banda Infantil e unha Orquestra Sinfónica. Na actualidade está dirixida por Manuel Villar Touceda, aínda que será Diego Fortes Conde quen leve a batuta no concerto do sábado. O País das Bandas percorrerá Galicia ata o día 19 deste mes. m. c.
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en
Mi Correo Gallego.