O Correo de Barbanza

Este mércores chega a Taragoña a Ruleta de Nadal da ARE

  • 18 ene 2022 / 17:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Rianxo. A localidade de Campo de Pazos, na parroquia rianxeira de Taragoña, acollerá este mércores de cinco a oito da tarde a Ruleta de Nadal, unha actividade da Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) que estaba prevista para o martes 4 e que foi aprazada polo contacto directo cun positivo por parte do persoal da asociación.

Todas aquelas persoas que teñen vales para a ruleta terán a última oportunidade para optar a agasallos (paraugas, tazas, botellas, golosinas, mochilas e bolsas da compra), e quenes xa participaron poden gardar os seus vales para o sorteo final do venres 21 e optar a un dos dez vales de compra de 50 euros.

Os números premiados publicaranse na web e nas redes sociais da patronal. Xunto coa listaxe dos números gañadores se publicará outra de números suplentes. Isto débese a que os vales para a ruleta que obtiveran premio quedan invalidados para o sorteo final. Por este motivo, a asociación pide que todos os que teñan números da lista, gañadores ou suplentes, contacten con persoal do citado colectivo empresarial.

Os gañadores da campaña online da Federación Comercio Rías Baixas recibirán unha chamada para pasar a recoller os seus premios. s. s.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.