O Correo de Barbanza

Citan aos propietarios para expropiar os terreos da nova glorieta de Xuño

  • 10 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

o SON. A Xunta publicou onte no Diario Oficial de Galicia a convocatoria, para os meses de marzo e maio, dos actos expropiatorios necesarios para executar as obras de construción dunha glorieta na estrada AC-550 en Xuño, en O Son. Esta intervención da Consellería de Infraestruturas, que se atopa en proceso de contratación, conta cun investimento de 322.000 euros. Prevén iniciar os traballos a finais da primavera e rematalos este mesmo ano. A actuación ten por obxecto optimizar os movementos do tráfico rodado e mellorar a seguridade no lugar do Cruceiro. O acto expropiatorio de levantamento de actas previas está fixado para o dous de marzo no consistorio sonense. Para a convocatoria de pagamento dos depósitos previos e formalización das actas de ocupación os titulares dos terreos están citados o día 25 de maio. m. c.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.