O Correo de Barbanza

Clase de marisqueo para 47 alumnos do colexio Apóstolo Santiago

  • 27 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Pobra. Os obradoiros de marisqueo que se desenvolven na Pobra continúan espertando a curiosidade da comunidade educativa. Así, un grupo de 47 alumnos de terceiro e cuarto de Primaria do colexio Apóstolo Santiago, de Compostela, visitaron en primeiro lugar o Museo Valle-Inclán, onde foron recibidos por unha das técnicas de Turismo para, deseguido, encamiñarse á praia do Areal. Alí puideron coñecer como se desenvolve a actividade marisqueira: dende cales son as especies presentes no litoral do municipio ata o proceso de extracción e os aparellos que se empregan para tal finalidade. Estes coñecementos complementáronse coa proxección dunha peza audiovisual que reflicte a cadea pola que pasan os bivalvos ata chegar aos pratos en forma de saborosas receitas, e que se recollen nunha publicación da que se lle fixo entrega. s. s.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.