O Correo de Barbanza

Clausurados cun festival dous dos campamentos de conciliación de verán

  • 31 ago 2022 / 16:38
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

RIBEIRA. O auditorio municipal de Ribeira viviu este mércores un animadísimo festival de clausura de dous dos campamentos de conciliación de verán postos en marcha polo Concello (Xoga con Nós e Camp of Cultural Summer) con máis dun cento de nenos e nenas que protagonizaron distintas actuacións no escenario da instalación local. Estes dous campamentos comezaron a principios de xullo e tiveron o colexio O Grupo como epicentro das diversas actividades despregadas. A concelleira de Educación, Juana Brión, foi a encargada de entregar os diplomas e unhas lambetadas a todos os rapaces participantes. A edil recordou que a oferta de conciliación promovida polo Concello aínda prosegue ata o sete de setembro por medio dun novidoso campamento urbano que principiará este xoves, para nenos e nenas de 3 a 13 anos. S. S.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.