O Correo de Barbanza

‘Coidados porta a porta’ leva atendidos a máis de 17.000 galegos

O director xeral de Maiores visitou este martes a unidade móbil situada na vila noiesa

  • 21 sep 2022 / 09:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Noia. O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou este martes a unidade móbil do programa Coidados porta a porta situada na praza da Alameda, no concello de Noia. Durante o encontro, sinalou que esta iniciativa leva beneficiado a 17.000 persoas maiores desde o pasado mes de marzo, cando comezou o seu percorrido por todos os concellos galegos agás as sete cidades.

O programa Coidados porta a porta ofrece servizos gratuítos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria a persoas maiores de 55 anos. Trátase dunha iniciativa da Consellería de Política Social e Xuventude para achegar esta atención ás proximidades dos fogares das persoas maiores, de maneira que conten con servizos na súa contorna e poidan seguir vivindo alí onde prefiran.

Antón Acevedo sinalou que para ser atendido en calquera dos autobuses do programa é necesario solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 ou 623 546 992, ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal. Nestes momentos, tamén hai unha unidade no concello de Porto do Son que permanecerá ata o xoves no peirao.

O director xeral apuntou que o Goberno galego segue apostando por un rural con servizos que ofreza aos seus veciños todas as atencións que poidan necesitar. Neste sentido, lembrou que a Xunta segue reforzando o Servizo de Axuda no Fogar, que leva ás casas de 24.000 galegos a atención dun profesional. m. c.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.