O Correo de Barbanza

Comeza en Ribeira a renovación integral da Praza da Amarella e dunha vía do polígono

A actuación inclúe tamén a impermeabilización para poñer fin ás filtracións de auga a un aparcamento

  • 09 oct 2021 / 14:35
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ribeira. O Concello de Ribeira acaba de poñer en marchas as obras de mellora da Praza da Amarella, que viñan sendo demandadas dende hai anos polos veciños e por varias formacións políticas da Corporación.

A actuación consiste na substitución do actual pavimento a base de baldosa hidráulica por outro de formigón pulido combinado non lousas de granito, así como na impermeabilización da praza utilizando unha emulsión bituminosa e láminas de poliéster (previa limpeza e saneado da superficie) co obxecto de solucionar as filtracións de auga que se producen no semisoto do aparcadoiro situado debaixo.

A obra tamén contempla a creación dunha rede para a evacuación de augas pluviais, o pintado dos muretes da praza e a instalación de papeleiras e novos bancos de madeira.

O orzamento da intervención ascende a 58.464 euros, IVE incluído, estando financiado polo Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos).

Os traballos durarán tres meses.

Asimesmo, veñen de iniciarse tamén as obras de pavimentación e dotación de rede de pluviais na rúa transversal da avenida de Ramiro Carregal Rey, no polígono de Xarás.

En concreto, vanse destinar máis de 90.000 euros a esta actuación, coa que se vai instalar polo centro da calzada un colector de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro.

Construiranse tamén arquetas sumidoiro e pozos de rexistro de formigón prefabricado que se ubicarán cada 20 e 40 metros, respectivamente, e vaise dotar á rúa transversal dun novo pavimento de aglomerado asfáltico en quente logo de demoler o actual, xa deteriorado.

A obra foi adxudicada á empresa Excavaciones Mina S.L. e ten un prazo de execución de dous meses.

PROPOSTA SOCIALISTA. Por outra banda, o portavoz municipal do PSOE na Corporación ribeirense, José Manuel Vilas, presentou unha iniciativa instando ó Concello a redactar o proxecto de pavimentación dun camiño veciñal na parroquia de Palmeira, considerando ademais a súa posible ampliación, para solucionar as dificultades de circulación na rúa do Brañal, ao ter como única vía de conexión a estrada comarcal AC-305, tanto de entrada como de saída do lugar. suso souto

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.