O Correo de Barbanza

Comezan os servizos de conciliación no Concello lousamián

Aínda quedan prazas dispoñibles que poden reservarse chamando á área de Igualdade

  • 11 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Lousame. O pasado xoves comezou unha nova edición do servizo Lousame Concilia, que se desenvolverá todos os días lectivos no CPI Plurilingüe Cernadas de Castro, en horario de 7.30 a 9.00 horas, e con todas as medidas de prevención fronte á COVID. O Concello de Lousame informa de que, rematado o prazo de inscrición, aínda quedan prazas dispoñibles para aquelas familias que precisen deste servizo de xeito puntual ou continuo.

Para acceder a este servizo os interesados só teñen que dirixirse á Concellería de Igualdade, chamando ao 981 820 494. Lousame Concilia é un programa de conciliación da vida laboral e familiar posto en marcha polo Concello lousamián e que conta coa colaboración da Consellería de Emprego e a Secretaría Xeral de Igualdade.

Campamento Uns servizos de conciliación comezan e outros finalizan. Esta semana rematou o Campamento de verán 2021 do Concello outense, enmarcado no programa Outes Concilia. Este abarcou todo o período vacacional das/os menores, iniciándose o 23 de xuño e finalizando o pasado mércores, 8 de setembro, na xornada anterior ao inicio do curso escolar.

Segundo indicaron, constou de 6 quendas, cun total de 200 prazas, as cales foron cubertas, quedando familias en listaxe de agarda. A maioría dos rapaces e rapazas eran do concello de Outes, que tiñan prioridade no acceso ao servizo, se ben tamén se beneficiarion nenos doutros municipios da contorna. m. t.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.