O Correo de Barbanza
Concertos dos gañadores do Interritmos en Porto do Son
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Porto do Son. Os grupos gañadores do certame Interritmos: Sons do Rural, Paraíso Canto e Charanga Trébede, ademais da gravación dunha peza musical e un vídeo nos Estudios de Gravación Mans de A Coruña, realizarán un circuíto musical en vivo, comezando o día 2 de outubro en Porto do Son. Actuarán na Praza de España ás 19.00 e ás 20.45 horas respectivamente.
A maiores, entre as 19.45 e as 20.30 horas, tamén terá lugar a charla Herdanzas e sons: cociña da festa, con Montse Riveira de Leilía, mestra de baile tradicional no eido da cultura galega.
Destacar que a asistencia é gratuíta para todos os públicos previa inscrición na páxina web https://interritmos.deloa.es/xornadas/. m. c.
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en
Mi Correo Gallego.