O Correo de Barbanza

Conciliación e comercio da man na vila pobrense co programa Pequetroula

Afronta o mes de novembro con novas actividades // Venderon bonos por valor de mil euros para canxear nos establecementos

  • 13 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Pequetroula achega novas propostas para este mes de novembro para o desfrute da cativada mentres as súas familias compran nos establecementos da Pobra do Caramiñal. Este espazo lúdico habilítase no toldo instalado na praza Alcalde Segundo Durán durante as fins de semana ata o día 18 de decembro, do cal poden facer uso tanto a veciñanza do municipio coma a doutros concellos.

Trátase dunha firme aposta por parte da concellería de Promoción Económica, que une a dinamización do sector comercial e a conciliación, coa colaboración do DEAN.shop eCommerce e da Asociación de Empresarios, segundo enxalza a edil Charo Varela xunto coa técnica municipal desta área, Sara Sánchez. Tamén valoran positivamente a evolución desta campaña que foi medrando progresivamente: vendéronse bonos por un importe que supera os 1.000 euros que repercuten directamente na economía da localidade ao trocarse estes vales nos comercios e na hostalaría.

Como novidade incorpóranse os inchables para tódolos sábados ou unha sesión de cine exclusiva para a rapazada maior de 12 anos, ademais de darlles continuidade a actividades que tiveron boa acollida, como obradoiros de distinta natureza, parkour ou pintacaras, atendidas por monitorado e especialistas.

O horario definido para os sábados é de 11.30 a 14.00 e de 17.30 a 21.00 horas, mentres que nos domingos se establece dende as 12.00 ata as 14.30 horas. Para acceder a este servizo é preciso presentar un bono Pequetroula que se pode conseguir online a través de www.deanshop.es ou ben na oficina de turismo.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.