O Correo de Barbanza

Contrato para setenta e seis desempregados do Barbanza grazas á Xunta

  • 18 may 2022 / 20:08
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

NOIA. O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Noia, Santiago Freire, visitou o Concello este mércores para anunciar que a Consellería de Emprego e Igualdade financiará con máis de 439.000 euros a contratación de 76 persoas desempregadas en concellos da comarca do Barbanza.

Destas persoas, cincuenta e nove (200.000 euros) destinaranse á tarefa de socorristas e dezasete (238.000 euros) contrataranse, a través do programa Aprol Rural, para que poidan levar a cabo tarefas de prevención de incendios como son a planificación preventiva, a valorización forestal, a silvicultura, limpeza de montes e xestión de biomasa.

No caso do Concello de Noia, contará con 4 socorristas e dúas incorporacións do programa Aprol Rural grazas a un investimento global de 40.380 euros. m. c.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.