O Correo de Barbanza

Cursos de edición dixital de vídeos e de fotos nas aulas Cemit barbanzás

  • 17 sep 2020 / 16:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A aula Cemit do centro social de Boiro oferta novos cursos en informática para o mes de outubro, que se realizarán de xeito presencial, sobre retoque de fotos, edición de vídeo e libreoffice Writer e Calc. O primeiro que se vai impartir é o de retoque de fotos con Gimp os días 5, 6, 7 e 8.

Do 13 ó 15 vaise realizar o de edición de vídeo. As últimas accións formativas programadas son as de manexo de libreoffice: unha, terá lugar os días 19, 20, 21 e 22, e será de LibreOffice Writer, para a creación de documentos en diversos formatos; a outra, do 26 ó 29, será de LibreOffice Calc, na que os asistentes van aprender a traballar con follas de cálculo.

Todas terán lugar de 10.00 a 12.30 horas. As prazas son limitadas e as inscricións poden facerse en axentetic@boiro.org ou chamando ó telefono 981 842 635.

Pola súa banda, a aula Cemit de Ribeira vai desenvolver este mes dúas charlas online gratuítas dedicadas a ferramentas de control parental e á iniciación á edición dixital de imaxes. A primeira delas terá lugar o día 24 de 18.00 a 19.45 horas, con 8 prazas habilitadas. A segunda desenvolverase o día 29 de 10.00 a 11.45, tamén con 8 prazas.

Ambas accións realízanse en colaboración coa Redes de Puntos de Inclusión Dixital de Castela A Mancha.

As inscricións pódense formalizar na mencionada aula (sita en Cubeliños, número 1), chamando ó número de teléfono 981 876 043 ou de maneira telemática.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.