O Correo de Barbanza

Denuncian a existencia de tubos de amianto na praia de A Barquiña

O BNG noiés di que están esparexidas polo litoral supondo un potencial risco á saúde

  • 14 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Noia. O portavoz do grupo municipal do BNG en Noia, Ricardo Suárez, mantivo un encontro coa veciñanza de A Barquiña para abordar a problemática das tubaxes de saneamento abandonadas na superficie da praia do lugar.

“En Noia acometeuse o inicio da construción do saneamento integral no ano 1995, despois da adxudicación por parte da Xunta no ano anterior. Como consecuencia desta actuación instaláronse no lugar da praia da Barquiña e arredores, de forma subterránea, tubaxes destinadas a cumprir estas funcións”, indican dende a mencionada formación.

Sinalan que hoxe en día decenas destas tubaxes teñen aflorado e atópanse en parte esparexidas pola superficie do litoral, “dentro dunha zona de especial protección (ZEC) da Rede Natura 2000 e a poucos metros de casas habitadas, sen cumprir ningunha función específica e supondo un potencial risco á saúde”, afirmou Suárez.

A Asociación de Veciños Montes de Carracido sinalou, en palabras do seu presidente Secundino García, que “xa teñen posto esta circunstancia en coñecemento do concello en diversas ocasións dende o ano 2014, pero que ninguén lles ofrece ningún tipo de solución”.

Por todo, o portavoz dos nacionalistas en Noia xa avanzou que levarán adiante iniciativas, tanto a nivel municipal como a outros niveis da administración, para solicitar a Augas de Galicia e Costas do Estado que solucionen dita problemática. m. c.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.