O Correo de Barbanza

Detido o autor dun incendio que calcinou 0,34 hectáreas na Conlleira

Trátase dun home que é reincidente nese tipo de feitos, e ao parecer utilizou un chisqueiro

  • 09 sep 2021 / 16:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ribeira. Axentes da Policía Autonómica de Santiago de Compostela esclareceron un incendio forestal en Ribeira en colaboración coa Policía Nacional e con axentes da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO). A investigación levouse a cabo no marco do dispositivo de vixilancia despregado en agosto na zona da Conlleira debido á alta incidencia de lumes nesta zona (17 desde 2015).

Os axentes procederon á detención dun varón como presunto autor dun incendio intencionado que se produciu o pasado 31 de agosto na parroquia de Santa Uxía.

A investigación e a posta en marcha dun dispositivo especial na prevención de incendios na contorna do investigado permitiu esclarecer os feitos. Trátase dunha persoa reincidente, a cal xa fora detida en varias ocasións polo mesmo motivo. As indagacións establecen ademais que o inicio do lume foi intencionado e probablemente empregando un chisqueiro.

Na extinción do lume, que afectou 3.400 m2 (3.000 de arborado e 400 de monte raso), participaron 2 axentes, 3 helicópteros, 2 avionetas, 3 motobombas e 3 brigadas. A rápida intervención evitou que as lapas chegasen as vivendas e a unha nave industrial contigua na que se almacenaban produtos inflamables.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ribeira. Na actual campaña antiincendios deste ano, trinta e unha persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais. s. souto

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.