O Correo de Barbanza

Doce outenses melloran a súa autonomía grazas a unha liña de axudas

  • 27 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

outes. O Concello de Outes publicou a resolución das axudas convocadas para a promoción da autonomía persoal e a accesibilidade, que se financian grazas á achega da Deputación Provincial para o POS adicional para gastos sociais. En concreto, serán unha ducia de persoas as beneficiarias destas axudas, que tiñan unha contía máxima de 5.000 euros. As modalidades máis solicitadas foron as destinadas á eliminación de barreiras e á adaptación funcional do fogar, así como a adquisición de camas articuladas, con cinco solicitudes atendidas cada unha delas. Outra das modalidades financiada destinarase á adquisición dunha cadeira xiratoria para bañeiras e outra máis para sorporte técnico de apoio a unha persoa con déficit de visión. O Concello destinou 15.000 euros a estas axudas, das que se cubriron un total de 14.096,44 euros. m. t.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.