O Correo de Barbanza

Ducias de activistas ocupan a illa da Creba reclamando a súa devolución ao pobo

  • 09 jul 2022 / 11:57
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ducias de activistas partiron na mañá deste sábado do porto de Esteiro (Muros) rumbo á illa da Creba para realizar “unha ocupación simbólica e pacífica desta illa, hoxe privatizada, e que debe ser devolta ao seu lexítimo propietario: o pobo galego”, explicou Rodrigo Molinos “Bolato”, veciño de Esteiro e voceiro da actual Plataforma pola recuperación da Illa da Creba e do histórico Comité en defensa deste enclave.

A veciñanza encabezou este acto reivindicativo. Así, despregaron unhas enormes letras nas que se pode ler “A Creba é do pobo”. Tamén puido verse unha gran bandeira da patria situada no illote coñecido como A Pedra Vella.

A illa da Creba atópase na ría de Muros e Noia, a 200 metros de Punta Uhía, na parroquia muradana de Esteiro. Desde a Plataforma lembran que “a veciñanza de Esteiro era a propietaria dos terreos comunais da illa até que no ano 1922 se inscribise como ben privado no rexistro do Concello de Outes. A partir de aquí todo son irregularidades e aberracións permitidas tanto polo Goberno do Estado español como da Xunta de Galicia, como a construción dunha vivenda ilegal na illa no 1981 ou espigóns, rampa e recheos no ano 1989, ocupando 5.140 metros cadrados de dominio público marítimo terrestre”, manifestou Bolato.

“A illa ten que volver ser pública para desfrute da veciñanza de Esteiro e do pobo galego en xeral. Non imos parar até conseguilo”, concluíu.

Despregaron unhas enormes letras na illa nas que se pode ler “A Creba é do pobo”. Foto: P.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.