O Correo de Barbanza

Duplícanse as matrículas na Escola Infantil ribeirense

  • 12 may 2022 / 17:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ribeira. A concellería de Servizos Sociais de Ribeira informa que na páxina web municipal (www.ribeira.gal) está publicada a listaxe provisional de admitidos para o curso 2022-2023 da escola infantil.

A data de publicación das listas definitivas terá lugar o vinte e sete de maio, e o tempo de confirmación de praza será do trinta de maio ao dezasete de xuño, no departamento de Servizos Sociais.

Cómpre destacar que, con respecto ás mesmas datas do ano anterior, hai un incremento do cincuenta por cento no número de nenos e nenas matriculados.

Non obstante, segue habendo prazas dispoñibles, polo que aqueles que presentaron solicitudes con posterioridade ao oito de abril ou que acheguen novas solicitudes ata a primeira quincena do mes de xullo, serán obxecto dunha nova baremación nese mes para cubrir prazas, tendo en conta que o próximo curso principiará en setembro, segundo informan dende a administración local. s. s.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.