O Correo de Barbanza

Eliminan barreiras en todos os pasos de peóns da avenida de Barraña

  • 21 ene 2021 / 13:42
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Boiro. O Concello de Boiro traballa para eliminar as barreiras arquitectónicas que dificultan a circulación peonil en diversos puntos. Os operarios municipais acometen melloras nos accesos en todos os pasos de peóns da avenida de Barraña, que na actualidade presentaban complicacións de accesibilidade.

Estanse dotando aos pasos de peóns de rampas de acceso ás beirarrúas dende a estrada para eliminar as dificultades a persoas con mobilidade reducida ou a aqueles peóns que transitan con carros de bebé. A actuación responde a unha demanda veciñal e estase realizando nas beiravías de ambas marxes dende o cruce coa avenida da Constitución ata o campo de fútbol de Barraña.

Un dos obxectivos do goberno local en materia de mobilidade é favorecer a seguridade de condutores e peóns. Con esta actuación estase a realizar unha mellora dos itinerarios peonís. s. souto

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.