O Correo de Barbanza

Escolares ribeirenses plantaron no parque periurbano de San Roque trinta castiñeiros

  • 01 feb 2022 / 17:19
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ribeira. Alumnos dos colexios O Grupo e Bayón de Ribeira plantaron este martes trinta castiñeiros no parque periurbano de San Roque. Os rapaces recibiron unha charla do técnico forestal Emilio Saborido, que aportou os seus coñecementos e ampla experiencia para facer da xornada un produtivo día de aula ao aire libre. Os castiñeiros foron aportados co patrocinio das empresas Clínica Veterinaria Ribeira, D’Muiño Obrador de Pan e Hola Mobi.

Ata alí achegáronse a tenente de alcalde, María Sampedro, e a concelleira de Educación, Juana Brión, quenes observaron o labor desenvolvido xunto con Suso Bello, quen está a pilotar os traballos encamiñados a preservar e mellorar as prestacións do parque periurbano. s. s.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.