O Correo de Barbanza

Esixen mellor conexión a Internet na zona de Artes

  • 18 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ribeira. Veciños da parroquia ribeirense de Artes iniciaron unha recollida de sinaturas para instar ó Concello e á Xunta a actuar ante as empresas de telefonía para mellorar a conexión a Internet nas zonas rurais.

Un dos veciños promotores da iniciativa, Roi Paz, sinala que hai moitas zonas que xa teñen instalada a fibra óptica, pero que a zona do Outeiro, en Artes, mantense excluída da posta en marcha desta conexión malia levar tempo instalada. “Hai veciños e veciñas que levan meses reclamando ás diferentes compañías que poñan en marcha este servizo sen éxito; por iso é preciso que as administracións se impliquen para resolver este problema”, sinalou.

Roi Paz agradeceu a implicación do BNG por facilitarlle o asesoramento necesario para levar a diante esta acción e por trasladar este asunto ao Concello. Pola súa banda, a formación nacionalista amosou o seu respaldo “a esta acción que procura mellorar un servizo básico tan necesario como é o acceso a Internet”.

O Bloque considera que “a poboación das zonas rurais debe contar con todos os servizos fundamentais, como o saneamento, a auga, o lixo ou o alumeado, pero tamén o acceso a Internet de calidade, e debe telos do mesmo modo que os teñen os habitantes das zonas urbanas”.

O BNG presentará unha iniciativa plenaria ante as queixas, recollendo as demandas da veciñanza de Artes pero tamén doutras parroquias do municipio. s. s.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.