O Correo de Barbanza
Este sábado volve a Muros o teatro con ‘O premio’
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
MUROS. O Concello de Muros iniciou esta semana a súa programación teatral para a tempada 2021-2022 no centro cultural e xuvenil da vila. A segunda das citas para estes días fixouse o sábado 9 de outubro ás 21.00 horas, xornada na que está previsto que a compañía La Quintana Teatro interprete O premio. Esta coprodución co Centro Dramático Galego, que dirixe Marián Bañobre, articúlase como un reality en directo no que o público vota quen merece levar o premio da súa vida: morrer logrando a fama. Todo para un soño. O elenco está formado por Victoria Teijeiro, Raquel Espada e Xurxo Cortázar. Reserva de entradas nas oficinas do centro cultural e no 981 762 294. m. t.
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en
Mi Correo Gallego.