O Correo de Barbanza

Esteiro acolle a presentación do caderno ‘A illa da Creba’

  • 06 may 2022 / 20:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Muros. O local social da Esteirana (Esteiro) acollerá o 8 de maio, ás 12.30 horas, a presentación do caderno A illa da Creba, un baldío comunal, elaborado pola Fundación Galiza Sempre, o laboratorio de ideas de referencia do Bloque.

Segundo indican, a publicación, da autoría de Francisco Abeijón, “pretende enmarcarse nunha estratexia para conseguir a devolución da Creba ao seu lexítimo dono, o pobo galego. Esta demanda histórica social non responde só a unha cuestión emocional, tamén á económica”. Tamén destacan a cuestión xurídica, “pois en máis dunha ocasión a legalidade das actuacións que se realizaron sobre a illa xerou certos cuestionamentos”, e ambiental, “polo claro exemplo de especulación urbanística e agresión ao medio ambiente que supón”.

Dende a Fundación Galiza Sempre lembran que este ano cúmprense 100 anos “desde que a súa inscrición no Rexistro Municipal de Outes foi a favor dun particular, desde que comezou a loita pola súa devolución entre a veciñanza de Esteiro e Muros”.

Ademais de Francisco Abeijón, no acto de presentación intervirán Sol Agra, Bieito Lobeira, Pacucho e Rodrigo Molinos. O público asistente poderá recoller un exemplar gratuíto do caderno. m. c.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.