O Correo de Barbanza

Festivais solidarios da man das escolas Oitos e Sondela na vila noiesa

  • 19 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Noia. A Escola de Música Sondela e a Escola de Danza Oitos subiranse ao escenario con fins solidarios. Será durante os festivais de fin de curso os días 18 e 19 e 26 de xuño, respectivamente, no Teatro Coliseo Noela. Así o anunciou este venres o concelleiro de Cultura de Noia, José Pérez, durante a presentación da iniciativa.

“Todo o que se recaude eses días vai adicado tanto á Asociación Andreas como á Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva (Asgpoh)”, explicou Pérez, quen avanzou que as entradas, a modo de donativo, terán un custo de 3 euros. Máis información ao respecto nos seguintes locais: en Sondela e en Chepi.

Na presentación tamén participaron representantes de ambas academias, Jéssica Muíños, a nai de Andreas, un neno noiés que padece AME; e a concelleira de Servizos Sociais de Noia. m. c.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.