O Correo de Barbanza

González pide solucións para os problemas do transporte

  • 20 oct 2022 / 19:57
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Outes. O alcalde de Outes, Manuel González, reclama a actuación da Xunta “para acabar cos problemas que a día de hoxe ten o transporte público porque é algo que está afectando a moita xente da localidade pero tamén de toda a bisbarra”. O mandatario local explica que os últimos problemas denunciados localízanse no lugar da Pontenafonso onde, segundo lle trasladaron os veciños, “Monbús non está a cumprir coas frecuencias establecidas na concesión e que quedaran temporalmente en suspenso debido ás obras da ponte”.

Este feito, xunto cos xa denunciados anteriormente polo goberno outense, como os problemas de horarios no transporte escolar ou a eliminación de rutas de transporte compartido, están espertando o malestar de moitos veciños. “Somos conscientes de que isto está minguando a posibilidade que teñen moitas persoas, sobre todo maiores, de desprazarse á Serra de Outes ou a Noia, imposibilitando que persoas maiores poidan acudir ao centro médico, concello, supermercado ou ao seu banco”, afirmou.

Desde o Concello de Outes reclaman a actuación da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade para tratar de resolver esta situación de maneira inmediata. m. c.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.