O Correo de Barbanza

Homenaxe ós Malvárez por documentar a vida muradá

  • 04 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Muros. A casa da cultura de Muros acolleu este luns o acto institucional de recoñecemento de Fotógrafo Histórico a Juan e Perpetua Malvárez, que se vén organizando ao abeiro do premio Luís Ksado de Creación, no que participaron a alcaldesa muradá, Inés Monteagudo Romero; o deputado de Cultura da Deputación, Xurxo Couto; a neta do homenaxeado, Josefina Malvárez; e o fotógrafo e comisario do Premio, Xurxo Lobato.

“Pai e filla, cada un na época que lles tocou vivir, desenvolveron un traballo apegado á veciñanza de Muros e da súa contorna, documentando e actuando de notarios deste territorio, das súas xentes e dos seus modos de vida”, salientou Couto, quen destacou que o seu arquivo documenta tamén algunhas das imaxes históricas máis destacadas desta comarca, como o naufraxio do vapor inglés Larpool no ano 1910.

Pola súa banda, Josefina Malvárez agradeceu a celebración do acto que “contribúe a enriquecer e a difundir o patrimonio cultural de Muros e a reforzar a arte da fotografía como disciplina artística”. Tamén agradeceu a presenza dos veciños, “porque non podería haber mellores testemuñas para esta homenaxe que aquelas que foron retratadas”, dixo. m. c.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.