O Correo de Barbanza

Humana Spain recolleu o ano pasado en O Son 19 toneladas de téxtil

A campaña levada a cabo pola organización evitou a emisión de 122 toneladas de CO2

  • 10 ene 2023 / 14:26
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Porto do Son. A organización humanitaria Humana Spain fixo balance da súa actividade solidaria durante o pasado ano en Porto do Son no tocante á colaboración veciñal e do Concello para a recollida de roupa usada nos contedores instalados no municipio. E, segundo ese informe, os sonenses depositaron ó longo de 2022 nos contedores de Humana Spain máis de dezanove toneladas de téxtil usado para darlles unha segunda vida con beneficios medioambientais e tamén sociais.

E é que, máis alá do eido solidario, a campaña de recollida de téxtil de Humana Spain permitiu evitar a emisión de 122 toneladas de CO2 á atmosfera. E, xa no eido social, cómpre lembrar que os recursos obtidos coa xestión dos residuos téxtiles destínanse a fomentar a creación de empregos verdes e a financiar diversos programas de desenvolvemento en países do sur.

A Organización Humana Spain vén promovendo dende 1987 a protección do medio ambiente a través da reutilización de téxtil e levando a cabo programas de cooperación internacional en África, América Latina e Asia e de apoio local, sensibilización e agricultura urbana en España. Os seus obxectivos pasan tamén por mellorar as condicións de vida das comunidades máis desfavorecidas e facilitar o seu progreso económico e social. suso souto

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.