O Correo de Barbanza
Instan á Xunta a dotar dunha residencia á vila boirense
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Boiro. A deputada socialista Noa Díaz lamentou este xoves a negativa do PP a apoiar a proposición non de lei do PSdeG no Parlamento de Galicia instando á Xunta a construír unha residencia pública para a terceira idade en Boiro, unha demanda plantexada por unha plataforma que recolleu case 3.000 sinaturas.
Díaz lembrou que o Concello ofreceuse a poñer a disposición da Consellería de Política Social un terreo urbano do plan parcial de Barraña e a redactar o proxecto.
“Boiro é o segundo concello máis poboado da comarca do Barbanza, con preto de 19.000 habitantes, dos cales un 22 % é maior de 64 anos”, dixo a deputada, quen acusou á Xunta de “dar as costas a unha demanda histórica”. s. s.
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en
Mi Correo Gallego.