O Correo de Barbanza

Isabel Soler fará a escultura que se instalará na Pobra contra a violencia de xénero

  • 17 ene 2023 / 16:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

a pobra. A proposta presentada por Isabel Soler Rivas co título Como agua gañou o concurso de ideas convocado polo Concello da Pobra para realizar unha escultura en homenaxe ás vítimas da violencia de xénero. As artistas Soledad Penalta e Aida López, xunto con Carolina Rodríguez e Begoña Olveira, en representación do persoal municipal, integraron o xurado. Concorreron tres traballos, dos cales un foi descualificado por non recoller toda a documentación esixida nas bases. O xurado destacou do proxecto de Soler (veciña da Pobra) o concepto do movemento, que comunica a idea de que hai saída á violencia de xénero. O premio ten unha dotación económica de 3.000 € e a adxudicación da realización da talla por un importe máximo de 9.000 €. Concedeuse un accésit a Columba Bello por Amar como a segunda obra mellor valorada. s. s.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.