O Correo de Barbanza

Lousame abre o prazo para inscribirse no Punto de Atención á Infancia

  • 13 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

LOUSAME. O Concello de Lousame abre o prazo para solicitar praza de novo ingreso no Punto de Atención á Infancia (PAI) municipal. O período para presentar as solicitudes comeza o vindeiro luns e rematará o 15 de abril e deberán entregarse, xunto coa documentación correspondente, a través da sede electrónica ou no rexistro xeral do Concello. Para optar ás prazas terán prioridade as familias empadroadas no municipio, do mesmo xeito que se terá en conta a renta per capita (as máis baixas terán preferencia). Asemade, outorgaranse puntos en diferente medida en función da situación laboral dos proxenitores ou titores. A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde Pais, destacou a importancia deste tipo de servizos que constitúen unha “ferramenta imprescindible para a conciliación familiar da veciñanza do noso municipio”. m. t.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.