O Correo de Barbanza

Lousame aproba unha partida para as obras da vía de Bouciñas a Cruido

Tamén deu luz verde ó proxecto do trazado do viario á Escabia e ao anexo de expropiación

  • 27 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Lousame. O Concello de Lousame vén de dar o visto bo en sesión plenaria á dotación económica municipal estimada en 40.000 euros ao Plan Hurbe para a mellora do viario das Bouciñas a Cruido. En total a obra ten un custo de 136.391,66 euros, que se asumirá co financiamento da Xunta e coa aportación local aprobada onte. A execución desta obra está desenvolvéndose estes días e prevese que rematará proximamente.

No pleno ordinario a Corporación de Lousame tamén decidiu solicitar formalmente á Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza que inicie os expedientes administrativos pertinentes para elaborar un plan de viabilidade para o complexo medioambiental desta comarca.

Asemade, outros dos temas que saíron adiante foron a taxa da piscina municipal e a actualización da taxa do Imposto sobre Bens Inmobles.

Por outra banda, a corporación deu un paso máis para a execución do proxecto técnico de mellora do trazado de viario á Escabia, tras ser aprobado xunto ó anexo de expropiacións. Agora ábrese un prazo de información pública de 15 días hábiles para consultar o expediente.

Finalmente, os grupos aprobaron provisionalmente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do Concello de Lousame. m. c.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.