O Correo de Barbanza

Lousame bonifica o IBI un 95 % a oito instalacións de actividades agrogandeiras

  • 27 nov 2022 / 17:40
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

LOUSAME. A Corporación municipal de Lousame aprobou na súa última sesión, por unanimidade, as bonificacións do 95 % do IBI para aquelas instalacións nas que se realizan actividades agrogandeiras do sector primario, un total de oito no municipio. Así mesmo, a alcaldesa, Teresa Villaverde, deu conta de que o período medio de pago do terceiro trimestre de 2022 foi de 11,6 días, a cifra máis baixa dos últimos dous anos e que confirma a tendencia á baixa iniciada despois de que o cuarto trimestre de 2021 e o primeiro de 2022 sobrepasaran os límites aconsellados pola normativa, con 32,73 e 36,1 días, respectivamente.

Asimesmo, aprobouse unha moción conxunta dos tres grupos municipais con motivo do Día Internacional pola Eliminación da Violencia de Xénero, que foi lida pola concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo, quen comprometeu que “o Concello de Lousame elaborará un estudo xurídico sobre as ordenanzas municipais actualmente en vigor para confirmar que estas están redactadas dende unha perspectiva de xénero”. A curiosidade da sesión plenaria celebrada en Lousame foi a ausencia da secretaria municipal no seu lugar habitual da mesa da presidencia: estivo sentada entre o público por dar positivo en covid. Suso souto

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.