O Correo de Barbanza

Lousame pon en marcha a campaña ‘Eu digo NON’

Aberta á participación de toda a veciñanza, o prazo para presentarse concluirá o día 27

  • 14 nov 2022 / 20:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Lousame. O Concello de Lousame pon en marcha a campaña de sensibilización Eu digo NON á violencia de xénero, organizada pola concellería de Igualdade dentro da programación especial co gallo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Unha actividade que conta coa colaboración do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e do Ministerio de Igualdade.

Dende este luns e ata o vindeiro 27 de novembro, os veciños e veciñas de Lousame terán a súa disposición os materiais de dita campaña na fachada da casa do concello, cos que deberán facerse unha fotografía, individual ou de grupo, para poñer de manifesto o seu rexeitamento á violencia sobre as mulleres. Unha imaxe que deberán compartir nas súas redes sociais etiquetando ao Concello de Lousame no seu Facebook (/concello.delousame), Instagram (/somoslousame) ou Twitter (@SomosLousame). Aquelas persoas que non dispoñan de redes sociais poden enviar as súas imaxes por Whatsapp ao 689 126 385.

Ao finalizar a campaña, o Concello de Lousame sorteará un total de seis vales de 50 euros cada un en material deportivo entre todas as persoas que participaran na iniciativa. A finais de mes farase público o listado de todas as persoas participantes. m. c.

TEMAS
Tema marcado como favorito
25N
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.