O Correo de Barbanza

Melloras na AC-550, a vía que une Noia e Ribeira

  • 08 sep 2022 / 19:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

PORTO DO SON. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comezou este xoves as obras de reforzo do firme na estrada AC-550, entre Noia e

Ribeira, que suporán un investimento de máis de 2,6 millóns de euros. Trátase do reforzo do firme no treito que une os municipios de Noia e Ribeira pasando por Porto do Son, entre os puntos quilométricos 69+500 e 107+850, onde tamén se proxecta a execución dun cambio de sentido e dun carril central de espera.

Os traballos, cun prazo de 6 meses, suporán unha maior seguridade e comodidade aos usuarios que circulan por esta vía, moi frecuentada, especialmente na tempada de verán. Estas obras, ademais, facilitarán a mobilidade dos habitantes dos tres municipios onde se realizarán as actuacións.

Segundo indicaron dende a Xunta, a intervención está encamiñada á reparación, rehabilitación e reforzo superficial do firme, adecuándoa ás súas necesidades funcionais e de durabilidade. O contrato tamén recolle a execución dun cambio de sentido no punto quilométrico 88+500, así como a formación dun carril central de espera para o xiro á esquerda no quilómetro 92+500, para o que será necesario ensanchar a estrada AC-550 cara á súa marxe esquerda.

Asemade, tamén se executarán pequenas melloras de drenaxe, limpeza de gabias, sinalización, balizamento e defensas do vial. m. cano

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.