O Correo de Barbanza

Muros abre o prazo para o campamento de conciliación

  • 03 dic 2021 / 20:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

MUROS. O Concello de Muros abriu este venres o prazo de inscrición no campamento Muros Concilia de cara ao Nadal. As bases recollen que o programa de actividades desenvolverase os días 27, 28, 29 e 30 de decembro e 3, 4 e 5 de xaneiro e que estará dirixido a rapaces nados entre o 2009 e 2017. Os centros de operacións nestes campamentos serán os polideportivos de Muros e Esteiro e as sesións lúdicas terán lugar de 9.30 a 13.30 horas. O prazo de solicitude finaliza o 17 deste mes, ás 14.00 horas, e o 21 celebrarase o sorteo. Terán prioridade os nenos empadroados no municipio. Aqueles que desexen máis información deben dirixirse ao departamento de Servizos Sociais (981 762465). m. t.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.