O Correo de Barbanza
Enmárcanse no Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta // Trátase dun concerto, dunha peza teatral e do ciclo de relatorios de mulleres que traballan no eido da cultura // Foron presentadas onte por Valentín García TEXTO Marta Torres

Muros é centro de tres accións de dinamización lingüística

  • 19 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O Plan de Reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos de crise sanitaria provocada pola Covid-19 posto en marcha pola Xunta motivou onte a visita a Muros do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. Ata alí se desprazou para participar na rolda de prensa celebrada no salón de plenos do Concello para presentar tres actividades do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 que se desenvolverán na vila muradá. No acto estivo acompañado pola alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo, e mais por Pablo Pérez e Patricia Hermida, das empresas Repica Cultural e Dotbeat SC, respectivamente, xestoras de dúas das propostas.

Durante a súa intervención, o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade explicou que “trátase de actividades variadas e complementarias que responden ao dobre obxectivo de dinamizar a lingua galega entre a poboación e de apoiar ó sector cultural”. Especialmente, tal e como incidiu Valentín García, nestes momentos tan difíciles para aqueles artistas, cooperativas ou empresas que traballen habitualmente ou desexen empezar a traballar na lingua propia de Galicia.

Así, a primeira das accións previstas en Muros no marco do citado programa tivo lugar onte mesmo. Veciños e foráneos desfrutaron ao final da tarde da actuación que a artista Sofía Espiñeira e o grupo Caldo ofreceron no Curro da Praza. Baixo o título Enraizada presentaron un concerto que sitúa a cultura popular e a lingua galega no centro para ofrecerlle ao público unha viaxe pola Galicia máis íntima.

Xa os días 2 e 5 do vindeiro mes celebraranse no centro cultural da vila, ás 12.30 horas, dous relatorios do ciclo Onde están as mulleres da cultura. Nel presentaranse experiencias motivadoras de mulleres que traballan no eido cultural (literatura, artes plásticas, danza, música ou audiovisual) na procura da xeración de referencias reais, co obxectivo de promover en Muros o debate sobre o traballo e o éxito da muller neste ámbito e máis os desafíos aos que se enfronta na época actual. As sesións, segundo sinalaron dende o Concello, serán gravadas para a súa difusión posterior e inclusión no Fondo de Proxectos Culturais.

A seguinte está fixada para o 3 de outubro, ás 21.30 horas, nas citadas instalacións municipais. Nesa ocasión, serán Marián Bañobre e Avelino González, de Ibuprofeno Teatro, as encargadas de interpretar O mel non caduca, unha traxicomedia escrita e dirixida por Santiago Cortegoso que se desenvolve no universo metafórico da apicultura para mostrar un mundo á deriva froito do consumo masivo e sen control.

Trátase dun espectáculo dirixido ao público adulto, cunha sorprendente dimensión plástica e sonora, que toma elementos do teatro xestual da imaxe, do clown, da narración ou do realismo. Todo iso en clave cómica, empregando a ironía e o humor, en múltiples e diferentes formas. Debido ás circunstancias extraordinarias derivadas do coronavirus e dos protocolos de seguridade e garantías sanitarias, o acceso ás actividades é restrinxido.

Para participar, cómpre reservar entrada previamente chamando ó teléfono 981 762 294 na mesma semana da celebración da actividade.

a protagonista
“Fomos o primeiro concello en organizar un evento”
Inés Monteagudo
Alcaldesa de Muros

A alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo, resaltou onte que se trata de “actividades que nos permiten continuar coa oferta cultural que este ano está bastante complicado de ofertar”. A rexedora destacou que as accións “contemplan distintos ámbitos”. “Un concerto, a representatividade das mulleres no mundo da cultura cunhas charlas que se van gravar e van pasar a formar parte do fondo do que vai dispoñer o Xacobeo 2021, así como unha obra de teatro que toca varios temas tamén de interese”, dixo. Asemade, Inés Monteagudo salientou a importancia de “ter un xesto con todas as entidades que se adican no noso país a facer cultura nestes tempos nos que teñen tanta complicación para desenvolver o su traballo”. Cómpre lembrar a aposta do Concello muradán por este sector, antes e tras o estado de alarma, pois “fomos o primeiro concello de Galicia en organizar un evento cultural, o 5 de xuño”, indicou. Foi, concretamente, unha representación teatral co gallo do Día do Medio Ambiente. Polo que respecta ó Plan de Reactivación fronte aos efectos derivados do coronavirus, recordar que a Xunta de Galicia promove a creación dun repositorio de contidos creativos de interese cultural en lingua galega. Integrado por contidos tanto virtuais coma presenciais, así como por outros servizos de materiais e produción, persegue os obxectivos de dinamizar a lingua propia de Galicia, inxectar fondos e apoiar a artistas, a creadores e a empresas do eido cultural no contexto da crise da Covid-19 e abrir unha vía para a continuidade, a viabilidade e a visibilidade da oferta e do consumo de propostas lingüísticas e culturais.

{ BLANCO O NEGRO }
Ayudar a la cultura
Marta Torres

LA PANDEMIA hizo estragos en diferentes sectores y, consecuentemente, en el empleo y en las economías mundiales. Uno de los ámbitos que salió peor parado es el cultural. La incertidumbre, ante una situación anómala y bastante complicada que se prevé empeorará en poco tiempo, hace que cientos de miles de profesionales que viven de esto directa o indirectamente se vean ahogados. De ahí la importancia de estos planes de reactivación que en muchos territorios se han impulsado, tanto a nivel nacional como municipal. El arte y la cultura son trascendentales en la creación de nuestros valores, nos dan la posibilidad de entender y de transformar una realidad, por lo que ayudarles, es una auténtica responsabilidad.

Tema marcado como favorito