O Correo de Barbanza

Muros opta á bandeira verde, que se consolida na súa terceira edición

  • 01 jul 2022 / 18:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

MUROS. As Bandeiras Verdes de Galicia consolídanse na súa terceira edición ao recibir o triplo de candidaturas que en 2020, tal e como salientou este venres a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, en Muros.

Durante a presentación das candidaturas da convocatoria de 2022, na que estivo acompañada pola alcaldesa muradá, Inés Monteagudo, a conselleira fixo un balance moi positivo da reacción dos concellos ante esta iniciativa logo de recibir 20 propostas. Entre elas hai 9 municipios que repiten candidatura con respecto ao ano pasado e varias novidades, como é o caso, por exemplo, do Concello de Muros. Logo de lembrar que Galicia é pioneira na creación dun distintivo para pór en valor a implicación das entidades locais e da veciñanza no coidado da paisaxe e do patrimonio natural, Vázquez incidiu no esforzo que realiza o Goberno galego para apreciar as boas prácticas ambientais.

Os concellos galardoados recibirán as bandeiras o vindeiro 20 de outubro. Desde ese momento, os municipios poderán utilizar ese distintivo ao longo dun ano e, ademais, este recoñecemento suporá un mérito de cara á obtención de subvencións en materia de patrimonio natural. ecg

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.