O Correo de Barbanza

Música, teatro, obradoiros e artesanía ambientarán o sete de maio o mercado creativo da vila boirense

  • 08 abr 2022 / 17:23
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

BOIRO. Logo da paréntese motivada pola pandemia, Boiro volverá acoller o vindeiro día sete de maio unha nova edición do mercado creativo Maio Vintage Market, que incluirá concertos, teatro, obradoiros, exhibicións e postos de variados artigos e produtos.

A plataforma Creaturas é a impulsora desta actividade desde hai oito anos en colaboración co Concello, o comercio e a hostalería locais, e conta coa implicación de multiplicidade de artistas, asociacións e axentes culturais que formaron ou forman parte do mercado, como A Pousada Producións, a galería de arte La Doce, a tenda Baldani Concept Store, GinLab, DariaLuv, a asociación Ambar, a Escola de Música de Boiro, Unión de Muchachas ou Clásicos do Barbanza, entre outras.

O retorno desta actividade é, por unha banda, económico e de desenvolvemento local (postos de venda, dinamización comercial, hostalería e promoción do consumo local e de proximidade), pero, sobre todo, social. É unha iniciativa organizada pola cidadanía, polo que é un exercicio de participación e implicación social. Tamén ten moi en conta termos como inclusión, accesibilidade e sustentabilidade social.

As actividades inclúen tanto a colectivos culturais como a empresas, a persoas de diferentes idades, ou a colectivos que atenden as capacidades diversas.

O programa deste ano vai traer concertos de Elba e Jinetes del Trópico, actuacións de Hijas de ZP, Crooked Savages, Baño Txeku e Matrek DJ, teatro cabaré con Nelson Quinteiro, obradoiros de ilustración con Deica, de baile con Swing Compostela, e de elaboración dos maios.

Colectivos como o de persoas con diversidade funcional Ambar ou Unión de Muchachas tamén aportarán contidos á programación, que se complementará con aportacións do sector hostaleiro e o comercio da rúa peonil, na que se celebrarán as actividades. s. s.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.