O Correo de Barbanza

Naglaya presentou en Corrubedo as súas fotos dos nómadas nenets

  • 04 jun 2022 / 12:58
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

RIBEIRA. A artista afincada en Corrubedo (Ribeira) Anna Naglaya presentou nesa localidade o seu fotoalbum The Arctic Chronicles, unha colección de imaxes tomadas pola creadora no norte de Siberia para amosar a cultura indíxena dos nenets e os habitantes de Anipayta, Gyda e Yuribey.

Naglaya manifestou que este proxecto xurdiu fai cinco anos, cando se deu conta de que, pese a ter viaxado por numerosas partes do mundo, ignoraba moitas cousas do seu propio pobo, das súas raíces. Explicou que naceu nunha cidade e creceu impregnada de cultura rusa, pero que a súa familia procede dunha rexión no norte de Siberia e que, para chegar alí, é preciso coller un avión ata San Petersburgo, navegar dous días en barco, viaxar en helicóptero e coller unha pequena embarcación. Así foi como puido rencontrarse cos seus parientes e tomar as fotografías da súa familia (avós, tíos, curmáns, etc.) e veciños, que viven sobre todo da pesca con moitos sacrificios baixo temperaturas extremas e teñen ao reno como un animal fundamental para a súa subsistencia, ó proporcionarlles roupa e comida. Ademais de exhibir proxeccións de moitas das súas fotos, mostrou un teaser do seu documental, que ten publicado en Youtube. s. souto

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.