O Correo de Barbanza

Neira Cruz gaña o premio Mosteiro de literatura

  • 30 nov 2021 / 17:07
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Pobra. O xurado do IV Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro que convoca o Concello da Pobra acaba de dar a coñecer a obra gañadora. Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia; Marta Neira, filóloga e ensaísta; e Loretta Birott, escritora, decidiron que a distinción sexa para Por mor de cinco pizzas ós catro queixos, de Xosé Antonio Neira Cruz, que repite galardón ó gañar a segunda edición con O enigma do baúl pechado.

Na primeira convocatoria recaera en Os Fantom, de Patricia Mallo, e a terceira quedara sen adxudicar por estimaren que ningún dos orixinais presentados acadaba a suficiente calidade literaria.

Nesta ocasión produciuse a situación contraria. Na compaña da concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e de Lourdes Briones, viúva do escritor que dá nome a este certame literario, os membros do xurado presentes no acto destacaron o “altísimo nivel” dos textos presentados, un total de 29, e manifestaron que a decisión foi complexa, pero que se tomou por unanimidade.

O galardón ten unha dotación económica de tres mil euros, o doble das edicións anteriores, e inclúe tamén a publicación da obra gañadora na colección Árbore da Editorial Galaxia. s. s.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.