O Correo de Barbanza

O colexio da Barquiña terá comedor o vindeiro curso

  • 05 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Noia. O alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, e a concelleira de Economía e Facenda, Laura Salgado, acompañaron o pasado martes a Indalecio Cabana, Xefe territorial de Educación, na súa visita ao centro educativo Alexandre Rodríguez Cadarso, sito na Barquiña, para estudar a construción dun comedor escolar, que dará servizo a partir do vindeiro curso ao alumnado do colexio.

En canto á súa ubicación, a opción preferente é acondicionar un patio cuberto existente. “Habería que facer o cerramento, illalo, independizalo e climatizalo”, explicou o rexedor, quen avanzou que este venres integrantes da unidade técnica da Consellería achegaranse a Noia para “iniciar os trámites para facer a valoración da obra e decidir a opción axeitada”. O Concello baralla diferentes vías para financiar os traballos.

O colexio da Barquiña conta con servizo de madrugadores, con colaboración económica da administración local, ao que agora se sumará o comedor. “Hai máis de oitenta demandantes. Valórase facelo a través de dúas quendas e xestionalo a través da ANPA cunha empresa de cátering”, indicou Santiago Freire.

Na visita estiveron presentes a directiva do centro e representantes da ANPA. m. c.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.