O Correo de Barbanza

O Lustres Rivas exhibirá a partir do venres unha exposición de Moxom

  • 15 nov 2022 / 20:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

ribeira. O centro cultural Lustres Rivas vai exhibir a partir deste venres 18 de decembro unha nova exposición de esculturas que leva por título Madeiras vivas, a cargo do artista ourensán Moxom. A mostra abrangue unha vintena de pezas, principalmente de mulleres, talladas polo autor en distintas madeiras, dende salgueiros ata castiñeiros e plátanos. Para realizalas, o escultor sérvese de materiais atopados nos camiños ou nos encoros. Xosé Manuel Rodríguez, Moxom, naceu en Ourense en 1964 e comezou no mundo da banda deseñada na década dos oitenta formando parte do Frente Comixario. Desaparecido o colectivo comezou á súa andadura como Moxom no mundo da escultura de madeira en 1996. A exposición será inaugurada ás 21.00 horas e poderá ser visitada ata o vindeiro 17 de decembro. A entrada é gratuíta. m. c.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.