O Correo de Barbanza

O PSOE pide compatibilizar os horarios da liña co escolar en Muros-Noia

Díaz denunciou o problema que sofre o alumnado para utilizar o transporte público

  • 26 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Muros. A deputada socialista Noa Díaz vén de rexistrar unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia para denunciar a discriminación que está a padecer parte do alumnado dos municipios de Outes e Muros para acudir aos seus centros educativos en transporte público. “Esa discriminación”, alerta a parlamentaria, “prodúcese mesmo entre familias que viven no mesmo concello”.

Para corrixir esta situación, e sumándose ás reivindicacións da veciñanza afectada, a parlamentaria do PSdeG reclámalle á Xunta a mellora do trazado e dos horarios da liña entre Noia e Muros de maneira que sexa compatible co horario escolar dos IES Campo de San Alberto e Virxe do Mar de Noia. O obxectivo final é que todo o alumnado dos concellos de Outes e Muros poida beneficiarse das viaxes gratuítas da Tarxeta Xente Nova.

Noa Díaz lembra que a vertebración axeitada do territorio que asegure a equidade no acceso aos servizos públicos “debera ser unha obriga de calquera administración” para que non existan discriminacións en función do lugar onde se habite. Porén, a deputada revela que esta premisa “non se está a cumprir” nalgunhas parroquias dos mencionados concellos.

Afirma que nestes núcleos o transporte público non é compatible cos horarios dos centros de ensino de referencia de FP, ESO e Bacharelato de Noia. “Isto provoca non só unha disfunción nos horarios senón tamén a imposibilidade de facer uso da Tarxeta Xente Nova”, sinalou. m. c.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.