O Correo de Barbanza

O Son promove un curso de nutrición deportiva

  • 27 sep 2021 / 19:46
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

porto do son. A concellería de Deportes do Concello de Porto do Son organiza, para o próximo 1 de outubro, un curso gratuíto de nutrición deportiva co obxectivo de concienciar á poboación da importancia dunha correcta alimentación na práctica deportiva, así como coñecer e distinguir a información falsa e os mitos nesta área. Ao longo das catro horas de duración do curso, as persoas participantes abordarán aspectos como as características nutricionais dos alimentos, a hidratación ou as pautas e planificación dun programa nutricional para deportistas. A sesión correrá a cargo de José Luís García Soidán, médico e profesor titular de Fisioloxía Deportiva da Universidade de Vigo. Os interesados en participar deben enviar a correspondente folla de inscrición ao enderezo electrónico jose.pazo@portodoson.gal. O prazo para anotarse estará aberto ata o 28 de setembro. Segundo indicaron, as prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición. m. c.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.