O Correo de Barbanza

Oliva Filgueira gaña o vale por importe de 1.000 € na campaña de Nadal da ABE

  • 09 ene 2023 / 17:53
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

BOIRO. A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) celebrou este luns o sorteo dos 3.000 euros en vales de compra da campaña do Nadal, na que se rexistraron un total de 7.082 tiques correspondentes a compras de 1.431 clientes nos establecementos asociados á entidade empresarial boirense. A gañadora do vale por importe de 1.000 euros foi Oliva Filgueira, que obtivo o boleto premiado por unha compra no establecemento Crisel Hogar. As persoas gañadoras dos vales de 200 euros son: Flor Pérez, Valeria Ruiz, Susana Villar, Noelia Rebollido, Celia Piñeiro, Laura Santamaría, María Rosa Rodríguez, Paula Varela, Fernando González e Marcelo Pumar. Os premios entregaranse nos vindeiros días e consisten en bonos que se poden utilizar en calquera das duascentas empresas asociadas á patronal e que non teñen caducidade. S. s.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.