O Correo de Barbanza

Organizan no colexio de Frións actividades en torno á ciberseguridade

  • 14 oct 2021 / 14:13
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

RIBEIRA.O CEIP de Frións, en Ribeira, acollerá o vindeiro xoves 21 varias actividades organizadas polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia no marco do programa Ciberseguranza Kids. Trátase dunha iniciativa de formación, capacitación e promoción no ámbito das tecnoloxías en Galicia. O obxecto da actividade, destinada a estudantes de entre sete e doce anos, é explicarlles que é a ciberseguridade a través dun contacontos dinámico e participativo titulado Ciberserguridade con Sofía, que mestura narración e ilustración. É unha historia na que se conta dun xeito lúdico ao alumnado os perigos da Rede e se lles fala da ciberseguridade. Asimesmo, os escolares participarán nun obradoiro de debuxo guiado no que se seguirán as indicacións do ilustrador. s. s.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.